Dende o venres 30 de agosto ata o domingo 1 de setembro, desenrolarase a Operación Especial Retorno do Verán 2019, na que participarán todos os medios persoais e materiais dispoñibles para vixiar o cumprimento das normas e garantir a seguridade en todas as estradas da provincia.
Intensificarase a vixilancia encamiñada á detección das condutas máis perigosas, como o uso do móbil ao volante, os excesos de velocidade e o consumo de alcohol e drogas.
Dende a Xefatura Provincial de Tráfico e o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, recomendase:
- Realizar a viaxe unha vez se descansase o suficiente, así como parar a descansar como máximo cada dúas horas para evitar a fatiga.
- Non consumir bebidas alcohólicas nin drogas.
- Adecuar a velocidade ás condicións existentes.
- Evitar as distraccións. Utilizar o “modo coche” ou desactivar o teléfono móbil.
- Utilizar o cinturón de seguridade e os SRI.
- Manter sempre a distancia de seguridade. Sinalizar con tempo as manobras.
- En motocicletas e bicicletas, facer uso do casco e elementos reflectantes.
- Os peóns en estrada deben circular pola esquerda e facer uso de prendas reflectantes.
- Revisar o estado xeral do vehículo antes de iniciar a viaxe.
- Todos os desprazamentos son importantes: atención tamén ás distancias curtas, aos últimos quilómetros e ao día seguinte.
- Conducir con respecto e tendo en conta a todos os usuarios da vía, sobre todo os máis vulnerables (peóns, ciclistas e motociclistas).