O luns comeza o arranxo do leiraparking do HULA

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o arranxo do firme do leiraparking do HULA comezará este luns, 2 de setembro. Arroxo anunciou tamén que o recinto xa foi valado segundo estaba previsto, o venres 30, e que permanecerá pechado, segundo o prazo previsto para a realización das obras, durante as 3 semanas.

Arroxo sinalou que “as actuación consistirá na colocación “dunha capa de zahorra sen finos de 10cm, que permitirá a drenaxe de auga evitando que se formen as fochancas e lameiras”. Ademais, delimitarase a zona de paso da de estacionamento usando zahorras de diferentes cores, para evitar así que se formen atascos por vehículos mal estacionados.

Segundo Rubén Arroxo, “o ideal sería asfaltar, pero a día de hoxe, debido a que este terreo está afectado polo 5% do plan xeral sen aprobar, non é posíbel”. Arroxo indicou que “na obra anterior utilizouse un material cunha granulometría demasiado fina, o que, xunto a que o final das obras coincidiu co inicio da época de choiva, fixo que se formaran as fochancas e lameiras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com