Un incendio declarado no interior dunha casa no concello de Sarria calcinou case por completo o baixo da vivenda na pasada noite. Malia a que non houbo que lamentar danos persoais, os propietarios foron orientados polos bombeiros a non pasar a noite no domicilio por mor da acumulación de fume.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 22:15 horas. Ata o lugar dos feitos desprazáronse os Bombeiros de Sarria e axentes da Garda Civil. Os membros de Protección Civil tamén foron alertados polos axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias por se fose necesaria a súa colaboración.