Hoxe presentouse en Taboada a Festa da Queima das Fachas, que se celebrará entre o vindeiro sábado e o luns. Trátase dunha festa de tradición celta, que se mantivo durante a época romana, ata o punto de sobrevivir ata os nosos días. Asistir á Queima das Fachas, declarada de Festa de Interese Turístico de Galicia, é unha viaxe á cultura galega máis ancestral.
Na festa quéimanse arredor dunha trintena de fachas encima do castro. A programación inclúe actuacións musicais e o acto máis importante, a queima da fachas.