Club Deportivo Lugo e Ribeira Sacra Breogán perden os partidos desputados durante esta fin de semana

O Club Deportivo Lugo perdeu na súa visita ao Sabadell por dous goles a un. Provisionalmente, os lucenses son décimos, con corenta e cinco puntos.

O adestrador lucense, Quique Setién, fixo balance do encontro en rolda de prensa posterior ao encontro, no que destacou que os seus xogadores crearon ocasións abondo como para gañar o partido con claridade, aínda que lles faltou marcar o segundo gol na porteria contraria.

Pola súa banda, Ribeira Sacra Breogán, saiu derrotado en Valladolid nun partido de máxima igualdade que acabou cun resultado de 87-85. O equipo lucense remontou un mal inicio e tivo opcións ata o último tiro, nun encontro no que acusou o elevado número de faltas persoais  e a mala porcentaxe no tiro libre foi un lastre moi pesado para os celestes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com