Visitas teatralizadas ao Cemiterio durante este outono

Hoxe presentáronse as actividades teatrais E logo ti… Quen vés sendo?, unha serie de 4 visitas teatralizadas ao cemiterio municipal que “se enmarcan no proxecto de difusión cultural do cemiterio, coa que se pretende mostrar a súa cara máis cálida e emocional, e tamén poñer en valor o patrimonio funerario”.

E logo ti… Quen vés sendo? É unha actividade teatral cuxo guión e interpretación corren a cargo de Achádego Teatro, grupo de teatro da cidade cunha importante traxectoria, a través da cal se poderán realizar unha serie de visitas ao recinto onde os diferentes persoeiros representados en cada unha delas contarán aspectos relevantes das súas vidas, axudando tamén a situalos no tempo e na vida social e rememorando a historia da cidade.

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, indicou que as visitas se realizarán os domingos 15 de setembro, 20 de outubro, 24 de novembro e 15 de decembro, e estarán limitadas a 50 persoas que deberán retirar unha invitación na Oficina Municipal de Turismo, e lembrou que se pode obter máis información no 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com