O vicevoceiro popular Antonio Ameijide considera inexplicable o retraso do goberno local á hora de intervir por vía subsidiaria neste inmoble xa que “supón un risco para os peóns” engadindo que “estamos diante dun dos casos máis sangrantes de feísmo no entorno da muralla”
O popular lembra que “o expediente iniciose en 2005 cando se enviaron aos propietarios ordes de execución para consolidar o inmoble; en 2017 Evislusa cuantificou en 110.000 € o orzamento para que o Concello asuma a reparación e cobrárllela, a posteriori, ao propietario do edificio”. Dende aquela data “o goberno permaneceu de brazos cruzados malia que estamos a falar dun problema de seguridade e de que se están dando unha imaxe penosa dunha das principais arterias da cidade onde as vallas ocupan prazas de aparcamento e segue habendo unha situación de inseguridade para peóns”.
Dende o Partido Popular quere saber cales son os motivos do retraso desta intervención. O vicevoceiro tamén amosou a súa preocupación porque a situación do número 48 podería agravarse se empezan as obras previstas no solar que linda xa que podería haber novos desprendementos.
Os populares lamentan que “pola incapacidade de xestión e polo retraso nos traballos de consolidación deste edificio a beirarrúa leve meses e meses valada nestre tramo polo que pasan a diario numerosos veciños”. Para Ameijide non é de recibo que “unha situación que debería ser excepcional se convertise nalgo normal”.
Set 09, 2019 - 10:53 PM
Pues si habla de feísmo urbano….el edificio de la Xunta al ladito también de la Muralla, no es para tirar cohetes precisamente….