Primeira edición do Ciclo de cine Arqueolóxico enmarcado dentro do Lvcvs Cvltvral

A programación de actividades culturais previas ó Arde Lvcvs, o Lvcvs Cultural, ábrirase mañá co comezo do primeiro ciclo de cine Arqueolóxico, que terá lugar no MIHL os martes 14, 21 e 28 de abril, e o 5 de maio.

O ciclo de cine Arqueolóxico será presentado mañá, ás oito e media da tarde, polo arqueólogo municipal Enrique González, e nel proxectarase unha selección dos mellores documentais de temática romana e castrexa que, ó longo dos anos, pasaron polo prestixioso Festival Internacional de Cine Arqueolóxico de Bidasoa. Na primeira xornada proxectaranse os documentais franceses “Cando os Galos perderon a cabeza” e “Tralas pisadas dos celtas”, ambos en versión orixinal subtitulada. O acceso será libre ata completar o aforo.

O martes 21 de abril terá lugar a proxección de Los festines de Luern:una investigación arqueológica sobre los festines galos dirixida por David Geoffroy e que taméne está ambientado na Idade de Ferro. A continuación, poderase visionar unha producción
española dirixida por Jose Manuel Novoa e que se titula El legado celta.

Os documentais de temática romana comezan o martes 28 de abril co documental francés Arles-Rhône 3: del río al museo e que no ano 2014 levou o premio ARKEOLAN á divulgación científica. O seguinte traballo visionado será o traballo, tamén de orixe francés, El Impero romano: legionarios de Roma dirixido por Serge Tigneres. Finalmente, o ciclo de documentais arqueolóxicos remata o martes 5 de maio coa proxección de El perfume recuperado dirixido por Luc Ronat e que versa sobre a reconstrución das fragancias dun perfume milenario italiano. O último documental de orixe italiano será Herculano, diario de la oscuridad y de la luz  dirixido por Marcellino de Bagis.

Outra das novidades do Lvcvs Cultural que se desenvolverá este ano ata o día 17 de xuño, son as Noites de Teatro nos Museos, unha nova actividades que se celebrará ás dez da noite.Terán lugar os días 15 e 29 de maio, no Museo de San Roque, e o 22 de maio e 5 de xuño, no Museo Porta Miñá. Nesta actividade participarán distintas compañías de teatro como Achádego, Hipócrita, Nova Escena, e Nostrum Cai.

Tamén se estrea este ano o Alimentum, co proxecto Cociñar como Romanos, no que os especialistas Juana María Huélamo e José María Solias impartirán varios obradoiros sobre a alimentación romana e como se cociñaban. Esta actividade estará acompañada dunha exposición de Thermopolium organizada por Caetra Lucensium no Mercado Quiroga Ballesteros os dias 8 e 9 de maio.

O 10 de maio a partir das 11 horas farase unha ruta pola Via Romana XIX con saída en Nadela e remate en San Román da Retorta. Ademais, o 17 de maio celebrarase a xa tradicional degustación e venda de pan romano en colaboraicón coa Asociación de Fabricantes de Pan da Provincia de Lugo.O acto será na Praza Maior, entre as 11 e as 14 horas.

Outra das grandes citas do Lvcvs Cultural é o II Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Produtos de época romana que terá lugar a próxima fin de semana, os días 17, 18 e 19 de abril na praza Maior e contará coa colaboración de Lugo Monumental. O 16 de abril tamén será a presentación do libro Las hijas del César de Pablo Núñez ás 20 horas no MIHL.

Para aqueles veciños e veciñas que queiran preparar a súa vestimenta de cara o Arde Lucus organízanse diferentes obradoiros que se celebrarán na Casa da Xuventude todos os sábados, entre o 26 de abril e o 7 de xuño, a partir das 11 horas e para os que non fai falta inscrición previa.

A programación inclúe tamén as xa consolidadas conferencias que organiza a asociación Cohors III Lucensium. Comezarán o 15 de xuño co historiador Javier Gómez Vila, que explicará O exército e as redes viarias na Gallaecia Romana. A seguinte sesión será o día 16 de xuño impartida por Clara María Ramos Taboada sobre Escravitude e manumisión en Roma: as súas pegadas en Gallaecia. Finalmente, o 17 de xuño, Xurxo Ayán Vila departirá sobre a A cosa nostra ou a Gallaecia imaxinada.

Todas estas conferencias terán lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo ás 20:30 horas. En canto ás visitas culturais guiadas terán lugar os días 16, 23 e 30 de maio, dende as 11 da mañá, e formaranse grupos de ata 25 persoas para cada unha das visitas. Estas serán visitas ao Lugo Romano, coñecendo os puntos máis destacados da cidade. Os grupos de visita completaranse por orde de inscrición que se poderá facer a través da Oficina de Turismo ou no 982.251.658

A Concelleira de Cultura lembra tamén que segue aberto, ata o día 17, o prazo para presentar orixinais á terceira edición do certame literario en latín Seu Ludus Litterarum “Lucus Cultural”.

Este certame está dirixido a mozos de entre 16 e 28 anos de idade, de calquera nacionalidade, que deberán presentar relatos inéditos escritos en latín e que traten sobre a fundación da cidade de Lugo. Haberá dous premios valorados en 300 euros. Un deles para participantes de 16 a 18 anos e outro para os de idades comprendidas entre 18 e 28 anos. No caso de que o premiado ou premiada sexa de fóra do Concello de Lugo, poderá escoller, en vez do premio en diñeiro, unha invitación para dúas persoas á festa do Arde Lvcvs consistente en aloxamento durante as tres noites da fin de semana con almorzo incluído.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com