Hoxe tivo lugar a presentación do Día do Veciño 2019, que se celebra o vindeiro domingo, 15 de setembro, no Pazo de Feiras e Congresos.
A Administración autonómica colabora con esta cita, organizada pola Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, achegando produtos das diferentes denominacións de orixe galegas e en particular, das da provincia de Lugo.
O delegado da Xunta en Lugo estivo na presentación e sinalou que “se o Día do Veciño é unha oportunidade única para sentirnos orgullosos de ser lucenses, tamén constitúe un escaparate ideal para presumir da extraordinaria gastronomía lucense”
A Xunta colabora coa organización deste evento tanto a través da achega destes produtos típicos de calidade diferenciada, que se consumirán durante o xantar de confraternidade, como tamén mediante un apoio económico directo da Secretaría Xeral de Política Lingüística.