Aprobada a disolución de Suplusa

O Pleno da Deputación celebrado esta maña aprobou a disolución da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa).

A disolución da sociedade mercantil foi unha das medidas incluídas no pacto de goberno para a lexislatura entre BNG e PSdeG.

No Pleno os deputados nacionalistas apoiaron a proposta da Presidencia ao considerar que coa tramitación da disolución da sociedade se “inicia un tempo novo no que a Deputación de Lugo estará ao servizo dos concellos e da cidadanía”.

As deputadas Mónica Freire Rancaño, Pilar García Porto e Antonio García López actuarán como persoas liquidadoras da sociedade con carácter mancomunado.

Pola súa banda os Populares manifestaron que “Se o Partido Popular tivera responsabilidade de Goberno na Deputación de Lugo, non tomariamos a decisión de disolver Suplusa”, pero dende o Grupo Popular adoptaron a decisión de participar no proceso liquidador porque, sinalan que, “é a posición máis responsable coa provincia e co diñeiro público”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com