A Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos do concello de Lugo asociados a esta nas noites do 19 ao 20, do 20 ao 21 e do 21 ao 22 de setembro, con motivo da celebración do festival Caudal Fest.