Ramón Carballo lamentou hoxe que o bigoberno de Lugo “en vez de impulsar iniciativas para revitalizar o centro esté dándolle outra nova estocada aos pequenos comerciantes e hostaleiros que son o principal motor económico do casco histórico”. Así resumía o sentir que hai entre os colectivos directamente afectados e a cidadanía en xeral diante da ameaza do peche do parking Anxel Fole.
O voceiro popular acusou á alcaldesa de Lugo de “mirar para outro lado nun asunto vital e que poder afectar de forma grave ao futuro do Centro Histórico de Lugo”. “Queremos saber porque permite ao seu socio asinar o decreto de peche do maior parking de Lugo con case 400 prazas sen ter previstas alternativas para dar servizo aos que se achegan ao centro”. O popular indicou que “mentres vostedes xeneran problemas nós achegamos propostas para arranxalos”
Deste xeito Carballo trasladaba este mediodía aos representantes das asociacións veciñais, de comerciantes, de empresarios e de hostalaría do Casco Histórico a iniciativa que levará o Partido Popular ao vindeiro pleno “co obxecto de que o goberno local leve a cabo un estudio para implantar aparcadoiros disuasorios no entorno do centro histórico de Lugo conveniando con propietarios de solares sen uso”.
Dende o PP reclaman ao goberno municipal “a buscar opcións legais para evitar o peche do parking Anxel Fole” recalcando que “tanto na lei do solo de Galicia, no seu regulamento, no PXOM e no PEPRI hai ferramentas e argumentos que permitirían manter aberto este aparcamento”