O Concello de Lugo, ven de anunciar as últimas confirmacións do San Froilán para a Praza de Santa María. Xunto cos grupos de Lugo, serán outros 24 bolos os que se programarán durante as festas.
Entre os músicos e grupos que subirán ás táboas do escenario de Santa María durante as patronais e que pechan a programación desta praza, destaca o galego Xosé Lois Romero & Aliboria. Os outros artistas serán: Música Nuda, La Shica & Gutman, Joan Garriaga i el Mariatxi Galàctic, Derby Motoreta´s Burrito Kachimba, Jay Jay Johanson, Michelle David & the Gospel Sessions e Enric Montefusco.