Unha casa de dúas plantas resultou totalmente calcinada esta tarde no concello de Ourol. Tratouse dunha casa habitada pero, afortunadamente, ninguén resultou ferido.
Sobre as 15:15 horas desta tarde, unha persoa particular informaba do incendio dunha casa no lugar de A Casa Vella, situada na estrada LU-540, en Ourol. Indicaba que era unha casa habitada e formada por dúas plantas pero que o dono estaba fora do inmoble.
De inmediato, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Ourol.
Tras rematar as tarefas de extinción, os Bombeiros confirmaron que ardera a casa na súa totalidade.