O COTSG empraza á Xunta a mudar a terminoloxía do seu anuncio de convocatoria de emprego social

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) manifesta o seu “estupor” tras ver o comunicado no que a Xunta anuncia a vindeira convocatoria de prazas de emprego social, aloxada na parte de Sala de Comunicación da súa web.

Por unha banda, o texto repite en tres ocasións o termo “asistente social”. O COTSG enviou á Xunta dúas cartas de data 13 de marzo e 16 de maio para subsanar esta cuestión, dado que o Colexio tiña constancia de que a Administración estaba a traballar en procesos de funcionarización de prazas de persoal laboral na categoría de traballador/a social. Ningunha delas foi atendida.

A xunta de goberno quere lembrar que “a figura do/a asistente social desapareceu en 1981, cando se incorporou á universidade a Diplomatura de Traballo Social polo que a categoría profesional ten que adecuarse necesariamente á denominación de Traballador/a Social”.

Os Traballadores/as Sociais tamén subliñan que o termo “asistente social” nos “retrotrae a un punto no que os servizos sociais eran entendidos como beneficencia e non como dereitos e como unha vía de empoderamento para a cidadanía, que a fin que persegue o Traballo Social”

Os dirixentes deste colectivo tamén cren que é “grave” que dita nota “non empregue linguaxe inclusiva” e recolla termos como “educadores, Tit. Sup. médicos, titulados, enfermeiros” no canto de “educadores/as, Tit. Sup. Medicina, persoas tituladas, enfermeiros/as”. Desde o COTSG afirman que “desde as Administracións teñen que avanzar no uso da linguaxe que inclúa ás mulleres”, pois “só desde a visibilización e a concienciación podemos avanzar e lograr unha sociedade máis xusta e máis igual”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com