Os deputados no Congreso e os senadores do PP de Lugo fixeron balance da lexislatura que vén de rematar, así como das iniciativas que presentaron-280 iniciativas para Lugo e Galicia- nas respectivas Cámaras, co fin de que o Executivo do Estado cumprise cada un dos compromisos asumidos coa provincia.
Deste xeito, tanto Jaime De Olano, como José Manuel Barreiro, acompañados de Joaquín García Díez, de Rosa Arza e de Antonio Ameijide, “criticaron que os proxectos que dependen do Goberno Central –autovías, construción da comisaría de Policía, alta velocidade e o mantemento de empresas como Alcoa-, seguirán nunha “absoluta parálise” debido a que Pedro Sánchez non foi capaz de formar goberno; o que conleva a que os españois acudan ás urnas o vindeiro 10 de novembro”.
Olano afirmou que“a situación xeral é obra e graza do Sr. Sánchez. El é o único responsable de paralizar o país desde o 28 de abril. Quería unha segunda volta e conseguiuno. Desde o mes de abril non fixo absolutamente nada. Só se debe a el e só a el, e non ao conxunto dos españois. Demostrou a súa incapacidade para pactar absolutamente con ninguén, mentres o PP fíxoo noutros territorios con 10 forzas políticas”.
Esta realidade “é a desencadeante dos datos económicos negativos e da inestabilidade que se atisba no país. Isto ao Sr. Sánchez no lle quita o soño, pero si se llo quita quen o vai acompañar no Consello de Ministros, por exemplo”, denunciou Olano.
Pola súa banda Barreiro subliñou “foron, por tanto, un conxunto de iniciativas que tamén tiveron a mesma presenza no Senado; iniciativas que, segundo explicou Barreiro, ían en consonancia co documento orzamentario que elaborara Mariano Rajoy e que foran expostas polo ex ministro de Fomento nunha visita á cidade de Lugo con prazos e dotacións concretas. Por este motivo, o senador cuestionou que a responsable de Adif afirmase que concretar os tempos de execución respecto da Alta Velocidade sexa unha irresponsabilidade”. “
Visita de Gonzalo Caballero
Por todo elo, Barreiro suscribiu as palabras do delegado da Xunta respecto da visita do secretario Xeral do PSdeG, cando Balseiro afirmou que Gonzalo Caballero non coñece a provincia. “Dicir isto resposta á caracterísitca de hipocresía de Sánchez. Por que o Sr. Cabellero non veu co ministro de Fomento e nos dixo algo sobre os avances do que anunciara Íñigo de la Senra?. Isto sería moi práctico. Pero, claro, non veu, porque non fixeron nada”. Esta circunstancia é a que leva ao popular a concluír que “en Lugo, non lles debemos nada ao PSOE. Dicir o que dixo o dirixente socialista é un atentado á intelixencia dos lucenses”, remarcou.