A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza executou obras de mellora no edificio xudicial de Becerreá, ás que destinou un orzamento de 16.500 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que unha das actuacións consistiu na renovación da pintura interior de todo o inmoble, para reparar o desgaste propio do paso do tempo.
Tamén se instalou un ‘hall’ de aluminio e vidro con porta automática na entrada, respectando o modelo da porta existente, coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e seguridade no edificio xudicial.
Balseiro precisou que esta actuación execútase con cargo aos recursos que destina anualmente a Vicepresidencia á programación de obras menores nos Xulgados lugueses, para garantir que os edificios estean en óptimas condicións de uso e modernizar as súas instalacións e servizos.