O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou sobre a solicitude, feita dende a Área que dirixe, á Xunta de Galicia para á mellora de infraestruturas e equipamento das Escolas Infatíns Municipais. O total do importe solicitado ascende a 35.965 euros. Felipe Rivas sinalou “trátase dunha competencia que debería asumir a propia Xunta, pero ante a súa pasividade o concello oferta este servizo fundamental para a conciliación da vida familiar”.
As axudas foron solicitadas ao amparo da orde do 8/08/2019 da Consellería de Política Social pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2019. A axuda que se solicita á Consellería de Política Social é polo 100 % do orzamento total de gastos dos proxectos que se presentan. O edil nacionalista informou sobre os proxectos previstos e orzamentados para as diferentes Escolas Infantís.