Lugo Sen Mordazas

O “Festival Incívico” de lugo celebrarase mañá día 22

O Festival Incívico 2019, cambia de data para o domingo 22 pola previsión meteorolóxica,  a partir das 13 horas na Praza Milagrosa e haberá reprogramación- info: Lugo sen Mordazas– por mor deste motivo.

A data orixinal escollida, este sábado, non foi casualidade, os organizadores programarana para coincidir co Caudal Fest, como un festival alternativo ao que se celebra nos terreos do Pazo de Exposicións. Máis o tempo non vai axudar e os responsables do “Incívico” veñen de anunciar que será mañá cando se poida gozar das diferentes actuacións. Este festival celebrouse por primeira
vez no 2018, como resposta á denominada “Ordenanza Mordaza”, que finalmente se retirou  grazas á protesta cidadá, e que pretendía restrinxir o uso do espazo público e as actividades das
artistas e dos colectivos sociais e/ou políticos na rúa”.

Segundo os organizadores, obxectivo do “Festival Incívico” “non é outro que encher de vida as prazas, de forma non lucrativa, e organizarse cos veciños e veciñas dos barrios para facer vida  en comunidade, rompendo cos esquemas do hiperindividualismo que impera na actualidade”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com