A presidenta provincial do PP asiste ao xantar veciñal de Cotá

Arredor de 120 persoas participaron na cuarta edición do xantar que organiza a asociación Fonte do Ouro, de Cotá-Friol. A celebración tivo algúns aspectos inaugurais, pese a que, como se reseñou, é a súa cuarta edición. Esta vez, celebrouse baixo unha carpa que acaba de comprar a propia asociación e no terreo que esta entidade veciñal adquiriu ao Bispado.

Entre os asistentes aos actos atopábase a presidenta provincial do PP, alcaldesa de Mondoñedo e portavoz popular na Deputación, Elena Candia. Igualmente, asistiron os concelleiros de Friol Jesús Cortiña-López, tenente de alcalde e responsable de Obras, e Enrique Barreiro Sánchez, de Servizos Rurais, Emprego e Novas Tecnoloxías. Participou tamén o vicepresidente e portavoz da Federación Provincial de Asociacións de Veciños, Fernando Rois.

O presidente da asociación organizadora, Francisco Javier Burgo, recordou que a primeira edición deste xantar tivo como motivo celebrar o final das obras de restauración da igrexa de Cotá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com