A Xunta creará aldeas modelo para facer fronte aos incendios

Estas aldeas modelo teñen como fin  último, segundo trasladou o Conselleiro  de Medio Rural José González,  “fomentar unha axeitada ordenación do territorio, para reforzar a súa defensa fronte os incendios e, ao tempo, crear tamén nel actividade agrogandeira e darlle así valor engadido para fixar poboación e construír así o rural do futuro”.

A presidenta provincial, Elena Candia, valorou “moi positivamente” a iniciativa da consellería do Medio Rural para crear actividade agrogandeira arredor dos núcleos de poboación. Foi no marco da reunión da Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde, na que se contou coa intervención do conselleiro, José González, quen explicou pormenorizadamente este proxecto aos alcaldes e voceiros, así como ao resto de asistentes e cargos orgánicos que asistiron á xuntanza.

Elena Candia considera que se trata dunha medida “acertada e que pode ter un bo resultado na nosa provincia, debido ao importante volume de masa forestal que temos e ao peso que ten o sector agrogandeiro en todo o territorio”. Nestes momentos, segundo puxo en valor o titular de Medio Rural, arredor de 30 concellos xa amosaron o seu interese en converter algún núcleo de poboación en aldeas modelo. Tanto Elena Candia como González convidaron aos municipios de Lugo a sumarse a esta iniciativa.

Unha vez aceptada a solicitude e obtida a autorización do 70% dos propietarios, a Xunta de Galicia inicia os traballos de limpeza e desbroce para a posta en produción das terras, mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros, oliveiras, etc. Precisamente, José González indicou que Medio Rural compatibiliza este labor de prevención “para facer máis resilientes as aldeas fronte o lume” cos traballos de vixilancia e extinción.

 

.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com