Esta mañá presentouse en rolda de prensa a XXVII edición da Feira do Mel de Lugo, cita que reunirá a 22 produtores de todas as zonas de Lugo o vindeiro sábado 28 na praza da Soidade.
A apertura desta feira está prevista para ás 10 da mañá, e prolongarase ata as 18h. Nos diferentes postos poranse á venda distintos tipos de mel de calidade: escuras e claras. O prezo será de 8 euros o quilo.
O presidente da APLA, indicou que este ano foi un “bo ano para a produción de mel”, e agradeceu ao concello a súa colaboración.
A organización anunciou tamén as II Xornadas Apícolas, organizadas pola APLA, que se celebrarán no salón de actos da Deputación con tres palestras de acceso libre. A primeira palestra terá lugar o venres 27 ás 20h baixo o título “Como coñecer a calidade do mel”. O día 28 ás 18h, comezará a palestra “Tratamentos en apicultura, como cando e por que realizalos?”, mentres que ás 20h terá lugar a última palestra, “Meles estranxeiras e locais , que diferenzas existen?”.