O voceiro do Grupo Popular critica “a irresponsabilidade e a soberbia de Lara Méndez e Rubén Arroxo” logo de que esta mañá non acudisen á xuntanza á que lles convidou o Partido Popular para buscar solucións que eviten o peche do parking Ánxel Fole.
Ramón Carballo manifestou que “a súa ausencia é unha proba de que teñen pouco interese neste asunto xa que nin queren escoitar as propostas que temos , e o que nos parece máis grave, é que dan por bo o decreto que ordea o peche desta instalación”. “Ata son sectarios en cuestións que afectan a intereses xerais” puntualizaba Carballo lembrando que neste caso “tratamos unha cuestión que afecta ao comercio local, hosteleiros do Casco Histórico de Lugo así como a todos os cidadáns que precisan achegarse ao centro para realizar calquera xestión ou actividade”.
Dende o PP insisten en que existen procedementos legais que permitirían manter aberta esta infraestructura ao igual que se fixo con outros edificios de Lugo “só falta ter vontade política e traballar nunha única dirección” . “Se o parking leva 20 anos nunha situación de irregularidade é porque os distintos gobernos socialistas non fixeron o seu traballo para impulsar o desenvolvemento urbanístico desta zona xa que tiñan a capacidade e a responsablidade de telo feito para non chegar a esta situación”.
Set 24, 2019 - 10:34 PM
Sin que sirva de precedente voy a darle la razón al señor Carballo.
Set 24, 2019 - 10:26 PM
Ya empezamos con los insultos….va a ser una campaña electoral muy larga….