XII limpeza simultánea de leitos e ribeiras fluviais do Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A XII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 48 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 70 entidades -asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino etc …- Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos do Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta duodécima edición.

A limpeza que será o 29 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 48 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.   En Lugo realizará a coordinación da limpeza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), xunto a Plataforma Lugo de Cara ao Miño. Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza. Máis información: ADEGA Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com