O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo ven de emitir un auto no que ordena seguir cos trámites do procedemento abreviado da causa relacionada coas presuntas irregularidades cometidas durante o desenvolvemento urbanístico de O Garañón contra o exalcalde Orozco, Besteiro, e funcionarios municipais do departamento competente. A xuíza, ademais, dirixe o procedemento contra tres promotores/construtores e un avogado, por se os feitos que se lles imputan, a todos ou a cada un deles, puideran ser constitutivos de diferentes delitos: suborno, falsidade en documento mercantil, contra a ordenación do territorio, prevaricación ou tráfico de influencias.
Asemade tamén contra dúas funcionarias do Instituto Nacional de Estatística por se as súas actuacións fosen constitutivas dun delito de execcións e fraudes ilegais, fraude na contratación, alteración do prezo de concursos públicos e malversación.
No auto, a maxistrada indica que a investigación centrouse na ordenación das Torres de O Garañon e costas do parque; no convenio urbanístico e no estudo de detalle do solar onde se asenta o Sanatorio Portela; no estudo de detalle do edificio número 9 da rúa García Portela; e na denegación da licenza do edificio do solar do número 17 da mesma rúa, solicitada pola entidade Investimentos Malleo. Durante a instrución tamén examinou a venda do Sanatorio Portela ao Instituto Nacional de Estatística para a localización das súas oficinas.
Set 25, 2019 - 10:28 PM
Hay que hacer viviendas sociales y acabar de uns vez