Dúas persoas resultan feridas nunha saída de vía en Pantón

Ao fío das cinco da tarde, una persoa alertaba ao 112 Galicia dunha saída de vía na N-120, no punto quilométrico 532, en Pantón. O alertante chamaba para pedir axuda, indicaba que debido o estado do turismo, varios dos seus ocupantes poderían estar atrapados no seu interior e precisarían asistencia sanitaria.

Con estes datos, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaron aos servizos sanitarios, e aos Bombeiros de Monforte de Lemos para poder acceder ao interior do coche e sacar aos dous ocupantes que necesitaban asistencia médica. Ademais, solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico para recuperar as condicións de seguridade da vía.

Finalmente, os profesionais sanitarios encargáronse do traslado dos feridos ao centro hospitalario de referencia, unha vez que foron liberados polos efectivos do parque municipal da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com