A Fundación TIC realizou un sketch para proxectar no I Festival de Literatura e Arte con Retranca

A Fundación TIC pon a súa pinga de humor no Festival Internacional de Literatura e Arte con Retranca, que se está a celebrar en Lugo, coa gravación dunha secuencia cómica duns dous minutos e medio de duración. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez asistiu á presentación do sketch que un equipo de bolseiros e técnicos da TIC filmou e editou. A proxección tivo lugar o domingo, día 12, ás 18,15 horas, na Caixa Negra do Museo Interactivo da Historia de Lugo, MIHL.

A historia baseada nunha idea orixinal do lucense Lois Pérez, autor do guión, rodouse o luns desta semana, no barrio de San Fiz. A trama centrase no diálogo que manteñen con moito humor retranqueiro  un mozo e un ancián galegos cunha parella de turistas madrileños.

A achega de TIC é froito do compromiso que mantén coas entidades e autores de proxectos creativos que potencian o desenvolvemento sociocultural da provincia.  Na actualidade son máis de 130 as organizacións que manteñen acordos de colaboración coa Fundación TIC, que facilitan aos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son prácticas profesionais en escenarios reais, a prol da súa inserción no mercado laboral.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com