A Secretaria Provincial do Psoe e Deputada Autonómica, Patricia Otero demandou ao Delegado Territorial da Xunta que “exerza as súas competencias e reclame a Feijoo que cumpra os compromisos pendentes coa provincia de Lugo. Nesa liña esixiu coñecer os prazos da planificación do desdobramento da VAP Nadela-Sarria”.
A Secretaria Provincial Socialista avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias a través das quere coñecer “cal é o estado actual da actuación denominada VAP Nadela-Sarria e o desdobramento da VAP Nadela-Sarria?. E tamén quere coñecer que valoración fai a Xunta de Galicia do cumprimento do horizonte temporal establecido no ano 2015 para esta actuación?”.
Ademais, nas súas iniciativas parlamentarias, pregunta “si a Xunta de Galicia vai manter o investimento inicial de 34.827.000 euros ou esta cifra vai sufrir algunha modificación? De ser así, cal é a magnitude desa modificación?”.
A Deputada Autonómica lembra que “o programa de vías de altas prestacións deseñouse sobre o compromiso que existía (segundo o Goberno da Xunta de Galicia) para impulsar en todos os itinerarios de nova construción a execución de autovías ou, no seu caso, de vías de circulación con deseño desdobrable para transformalas en autovías cando o tráfico así o demandase e de lograr que o 80 % da poboación de Galicia se situase a menos de 10 minutos dunha VAP”.
Foto: Pixabay
Set 30, 2019 - 09:24 PM
@PsoeLugo @SermosGaliza @SESEIXA @prazapublica @MaltratoPaisaxe @ppdegalicia @PSdeG @obloque… https://t.co/efRHe1MVlD