Policía Local e DXT, xuntos nunha nova campaña sobre o uso do cinto

A Policía Local de Lugo participará, ata o vindeiro 6 de outubro, na campaña activada pola DXT sobre a utilización do Cinto de Seguridade e Sistemas de Retención Infantil (SRI).

Os axentes farán filtros de control nas rúas do casco urbano, con vehículos camuflados e tamén rotulados.

Dende a Policía Local lémbrase que non empregar o cinto no casco urbano, é unha infracción grave que leva aparellada unha multa de 200 euros e, no caso do condutor, a retirada de 3 puntos do permiso de conducir.

Así mesmo, tamén o condutor será responsable e se sancionará co mesmo importe (200 euros), cando circule cun menor de idade, de estatura igual ou inferior a 135 cms, sen empregar o sistema de retención infantil homologado, debidamente adaptado á súa talla e peso

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com