Xigantes e cabezudos encherán de novo as rúas da cidade de Lugo este San Froilán, despois de que o goberno local levara a cabo diversos traballos de restauración nestas figuras que suman ás súas costas máis de tres décadas de antigüidade. Segundo indicou a edil de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, “estas figuras levaban anos sen participar nas festas e, a partir deste ano, volverán ser un atractivo máis na animación das rúas”.
Os xigantes e cabezudos estarán presentes nesta edición das festas desde o día 4, despois do pregón, animando a praza Maior xunto coa Charanga Terra Chá + Reviravolta. O día 5, xunto cos Xílgaros de Lugo, farán un pasarrúas polo recinto histórico da cidade. O venres 11 estarán pola zona dos viños xunto coa charanga Unión Phenosa e pecharán as festas o día 12, xunto á Foliada de Bosende por Campo Castelo, praza da Constitución e Praza de Bretaña.
Out 02, 2019 - 04:40 PM
Cantas lembranzas…grazas😍😍😍
Out 02, 2019 - 03:17 PM
Blanca Abascal Clotas los niños van a flipar!
Out 02, 2019 - 05:36 PM
Pablo Piñeiro Fraga pues si jejje
Out 02, 2019 - 02:44 PM
Vai a zorra