A Asociación Lugo Monumental celebrará este venres unha edición especial do Milagre de San Vicente, un evento que ten lugar cada 29 de xullo dende o ano 2014, pero que, precisamente mañá, cumpre medio século dende a primeira vez que a fonte deu viño no San Froilán de 1969. A iniciativa fora de Ezequiel García Rodríguez, recadador de impostos, que botou viño no enganche da fonte situada, por aquel entonces, nos xardíns do Obispado.
Volveuse a este acto, de forma irregular, nos anos oitenta e nos noventa. A chamativa estética do evento e a súa orixinalidade, fixeron esta festividade popular na cidade. No ano 2014, Lugo Monumental retomou este milagre o día de Santa Marta (29 de xullo) para conmemorar a patrona da hostalería.
Se ben, na orixe deste evento, o viño corría polas cañerías da fonte, hoxe en día, utilízanse tubos alimentarios e un sistema de circuito pechado que fai que os caldos non entren nunca en contacto coa fonte, tanto por seguridade do monumento como pola salubridade e a hixiene.
Lugo Monumental propuxo ao Concello incluir no programa de actos do San Froilán, esta edición especial da Milagre de San Vicente e que farán gracias ao patrocinio de Viliga (Vinos e Licores Galegos).