A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que hoxe se produce “o pistoletazo de saída á gran festa do outono galego” coa apertura das casetas do polbo. Segundo Maite Ferreiro, “as casetas son un dos iconos máis das festas, e este ano permanecerán abertas durante un mes”. Maite Ferreiro animou a todos e todas as visitantes das festas a “visitar as casetas e probar o polbo e desfrutar das festas”. Maite Ferreiro indicou que os prezos son de 12€ para a ración de polbo, 1.50€ para a ración de pan e cachelos, e 6€ para a botella de ¾ de litro de viño.
Maite Ferreiro anunciou tamén que o Arte San Froilán, feira de artesanía organizada polo CentrAD da Deputación de Lugo, abre as portas tamén o día de hoxe na praza Anxo Fernández Gómez, detrás do Concello de Lugo.
Maite Ferreiro lembrou que o inicio oficial das festas será o venres ás 20 horas, co pregón protagonizado polos Pelúdez, “un símbolo tanto das festas como de Lugo”, segundo indicou Maite Ferreiro.