A Deputación de Lugo ilumina de verde a fachada do Pazo de San Marcos con motivo da celebración neste 5 de outubro do Día Mundial do Ostomizado. Esta efeméride ten como obxectivos principais contribuír a integrar a todos os afectados por esta operación, consistente na práctica dun orificio de saída artificial na parede do abdome por causa de diversos diagnósticos para facilitar a saída ao exterior de produtos de desperdicio do organismo, e tamén sensibilizar á sociedade das barreiras que teñen que superar a diario estes pacientes. En España hai máis de 125.000 persoas ostomizadas e cada día se realizan un maior número de intervencións.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.