A Confederación Intersindical Galega (CIG) presentou o pasado xoves, por rexistro ante o Concello de Sarria reclamación contra o nomeamento mediante decreto do Concelleiro de Servizos Sociais da Gobernanta para a Residencia.
O persoal da Residencia ten gañado mediante sentenza xudicial a súa condición de Persoal do Concello, polo que as contratacións e nomemamentos do Persoal deben de cumprir co establecido no Estatuto Básico do Empregado público.
A CIG conta con dous representantes no Comité de Empresa, aos cales non lles foi comunicado dito nomeamento, nin os seus criterios nin necesidades.
Para a CIG o nomeamento “falta absolutamente á legalidade” , posto que entenden que dito posto non se pode cubrir mediante “decretazo ou dedazo” , senón que debe de ser cuberto mediante un proceso de selección, ben sexa concurso-oposición, oposición, ou concurso. Igualmente dito nomemaneto incumpre os preceptos constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, esixibles nos proceso de contratción pública.
É por iso que o sindicato presenta unha reclamación ante o Concello de Sarria para que proceda a repoñer a legalidade e a cubrir dita praza, se así o estima convinte, de xeito procedente e axustado á Lei. No caso de non ser así, dende i sindicato aseguran que continuarán o camiño da reclamación e presentar demanda contra dito nomemento nos xulgados do Contencioso-Administrativo de Lugo.