Os candidatos do PSOE a Congreso e Senado apoian a candidatura de #LugoPatrimonioMundial

A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acompañada dos candidatos ao Congreso e o Senado pola provincia de Lugo, Ana Prieto e César Mogo, así como o Secretario de Organización do PSdeG- PSOE, Jose Antonio Quiroga, asinaron hoxe a iniciativa para que o casco histórico de Lugo sexa declarado Patrimonio da Humanidade da Unesco. A través desta proposta, posta en marcha pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pretende lograr o cuarto recoñecemento mundial para Lugo.

Ata agora foi recoñecida a súa muralla, a súa catedral e o Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade como Patrimonio da Humanidade e agora o novo obxectivo é lograr a distinción para o casco amurallado. Outro gran impulsor desta iniciativa foi o guía turístico Guido Álvarez, promotor nas redes do hashtag #LugoPatrimonioMundial, que recibiu o apoio de deportistas, artistas e políticos a todos os niveis, e que contou cunha ampla repercusión nos medios de comunicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com