A Xunta pide facer pública a proposta do estatuto electrointensivo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo que faga pública a proposta do estatuto do consumidor electrointensivo para trasladar confianza e certezas a empresas como Alcoa.

Durante unha visita á planta de Alcoa San Cibrao xunto á ministra de Industria, Reyes Maroto, Feijóo incidiu na necesidade de coñecer o contido e alcance do estatuto e do que a Xunta aínda non ten borrador, para poder mandar unha mensaxe de tranquilidade aos 2.000 traballadores de Alcoa, á comarca, así como ás empresas hiperelectrointensivas como esta, dixo, subliñando a necesidade de que se inclúa un apartado para as empresas deste tipo.

Nesta liña, recordou que no caso de Alcoa a enerxía supón máis do 40% dos custos totais de produción, unha porcentaxe moi superior ao doutras fábricas en Europa, xa que o prezo do megavatio/hora subiu un 50% nos últimos dous anos. “Hai que polo tanto buscar e atopar a solución necesaria para volver aos custos eléctricos que había antes de 2018, xa que se estabamos no entorno dos 35€/MW e agora estamos nos 50 €/MW”, precisou.

O titular da Xunta expresou a importancia de que todas as administracións traballen unidas para buscar solucións que acheguen estabilidade e garantías; “e sexa cal sexa o próximo Goberno central a postura da Xunta será a mesma, tratar de buscar un horizonte estable para conseguir dous obxectivos: o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo”, abundou.

Ademais da necesidade de pechar o Estatuto do consumidor electrointensivo, avogou tamén por incorporar á mesa de traballo en Madrid ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao, parte esencial para a busca de solucións. E reiterou a importancia de que o Goberno central aprobe canto antes a xa anunciada ampliación das compensacións dos gastos indirectos de CO 2 ; “unha medida –recordou- que está autorizada por Bruxelas”.

O presidente do Executivo galego concluíu aseverando que a Xunta sempre estará á disposición do Goberno de España para apostar pola estabilidade e o futuro da industria e o emprego na Comunidade.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Out 08, 2019 - 07:07 PM

    Dos asteleiros e de Pemex, xa non che interesa?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com