O Concello de Lugo decidiu hoxe destituir á xefa municipal do servizo de medio ambiente, Carmen Flores, despois de 20 anos no posto, debido a “abandono de funcións” e dentro do plan do goberno local por mellorar a área de persoal.
O goberno local asegura que a xefa de medio ambiente incumpriu responsabilidades como impulsar a renovación de contratos municipais como o do lixo, a auga e os xardíns. Carmen Flores será relegada ao posto de letrado municipal, provisionalmente.
Flores, que leva 20 anos neste posto, xa fora cesada no seu cargo en 2004, sendo presidenta da xunta de persoal, pero unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigou a restituila logo de considerar o seu cese “persecución sindical”. Agora si, esta mañá foi ratificada en xunta de goberno esta destitución.