A Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, apostou onte na cidade de Lugo por impulsar o proxecto #LugoPatrimonioMundial que apoia a candidatura do casco histórico da cidade para ser patrimonio mundial da Unesco. A ministra chamou ás distintas administracións e a sociedade a implicarse para conseguir este fin.
Maroto lembrou como nunha anterior visita á capital lucense, ela mesma apoiaba ca a precandidatura de Lugo, un apoio que facía chegar tamén ao embaixador da Unesco en España.
A Ministra que viña de visitar a factoría de Alcoa en San Cibrao, amosouse convencida de que esta candidatura contará “coa solvencia que precisa e o apoio de todas as administracións”, despois de valorar o traballo desenvolto polo goberno local en materia de comercio e turismo, centrados na “gastronomía, natureza e sostenibilidade”.
“O proxecto de Lugo vai na liña dese cambio de modelo turístico no que estamos traballando dende fai 15 meses. Un cambio sostible no económico, no social e no medioambiental” explicou a ministra quen describía a acción do goberno neste eido como unha panca para afrontar o despoboamento e para asentar poboación.