O Congreso dos deputados recibiu o pasado día 1 de outubro a iniciativa da asociación de empresarios Lugo Monumental que, en forma de Proposición non de Lei e presentada polo deputado lucense Joaquín García Díez, solicita a creación dunha moeda de dous euros conmemorativa de Lugo para o ano 2021.
A proposición non de lei (PNL) recollida no Boletín Oficial das Cortes Xerais, está firmada por García Díez e pola voceira do Grupo Parlamentario Popular, Cayetana Álvarez de Toledo e defende a emisión, acuñación e posta en circulación desta moeda, de 2 euros adicada aos monumentos cualificados como Patrimonio da Humanidade en Lugo para poñer en circulación durante o ano 2021.
Asemade, a proposta pide tamén realizar un concurso de ideas para acordar o diseño desta moeda.
Desta forma, a proposta de Lugo Monumental acada as máis altas institucións do Estado. Dende a asociación, congratúlanse desta nova e confian que esta iniciativa sexa aprobada en canto se reanuden as sesións das Cortes Xerais.
Doutra banda, o colectivo de empresarios, lembra ás diferentes administracións que aínda esperan a que se pronuncien Concello, Deputación e Xunta de Galicia e aproben ferramentas de apoio a esta iniciativa.