O Concello descarta que as intoxicacións de mascotas teñan relación cos produtos do servizo de desratización

Trala detección, estes días, de posibles casos de intoxicación de mascotas, dende a concellería de Medio Ambiente, foron dadas instrucións para requerir ás entidades prestadoras dos servizos de desratización e mantemento das zonas verdes que revisasen os seus operativos e confirmasen que os traballos de conservación e limpeza que se desenvolven na cidade se estaban a levar a cabo respectando os procedementos estipulados e, polo tanto, garantindo que non existe ningún risco para as persoas e os animais domésticos que pudieran derivar dos mesmos.

“Podemos reiterar así a constatación de que nesas tarefas ordinarias non se empregan nin herbicidas, nin sulfatos perniciosos, nin tampouco raticidas en superficie, xa que cando se trata de lugares ao aire libre se utilizan portacebos de seguridade a través do subsolo”, explica o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos.

O concelleiro sinalou tamén que, dende o servizo 010 de Atención Cidadá non se ten rexistrado ningunha queixa similar dende xuño de 2018, “aínda que sí temos coñecemento de que algunhas clínicas veterinarias están a atender animais que estiveron en contacto con substancias nocivas concretamente nos Parques de Rosalía de Castro e Marcos Cela e tamén nas áreas de San Roque e Fontiñas”.

Álvaro Santos indica que, nestes momentos, dende a administración local se está a realizar unha investigación para esclarecer o acontecido, ao tempo que lembra á cidadanía a importancia de manter sempre baixo vixilancia e supervisión ás mascotas cando fan uso dos espazos públicos.

“Queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade ao conxunto da veciñanza pois o acontecido non garda relación con ningunha actividade do Concello pero tamén pedir a súa colaboración para tratar, entre todos, de impedir que se repitan episodios tan tristes”, concluíu o responsable de Medio Ambiente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com