A Banda Municipal recupera a voz San Froilán

Durante a mañá de hoxe, a Banda Municipal encheu a praza de Santa María despois de tres anos sen tocar no San Froilán. Baixo o título “Dende a Terra cara a Emigración”, a Banda tocou músicas galegas e dos países que goreceron aos nosos. Unha viaxe polos ritmos, melodías, aires e bailes de Galiza, Cuba, Venezuela, etc. E que dun xeito ou outro forman parte da memoria das galegas e galegos.

“Dende a Terra cara a Emigración” estivo dividido en dúas partes. Comezou con “Da Terra”, onde se interpretaron Lugo Ferrol, de Gregorio Baudot, Andante. Sinfonía Nº 2 “Nas montañas de Galiza”, de Andrés Gaos con arranxo de Hernán Naval e A Lenda de Montelongo de Bernardo del Río.

Dentro do bloque “Da Emigración”, a Banda comezou interpretando Abertura Cubana, de George Gershwin con arranxos de Martin Koekelkoren, Amapola, de José M. Lacalle, Joropo, de Moisés Moleiro e Sing, Sing, Sing, de Louis Palma, todas estas con arranxos de Naohiro Iwai

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com