Libera pide que Lugo se sume ao compromiso ‘Cidades ben Alimentadas’

A cumbre de Alcaldías da rede de cidades C40 celebrada os días 9 e 10 de outubro en Copenhague acabou coa sinatura dun importante compromiso para reducir o consumo de carne a través de accións como o fomento da alimentación saudable baseada en vexetais.

O texto suscrito por varios municipios menciona a necesaria redución da perda de comida e aliñar a adquisición de alimentos cunha dieta saudable, fomentando aqueles produtos da agricultura orgánica.

A Asociación Animalista Libera apoia este acordo dalgunhas das cidades máis importantes do planeta, entre as que se atopan París, Los Ángeles, Lima, Tokio, Seúl ou Barcelona; resaltando que transita na liña do que vén reclamando en forma de políticas públicas, coa petición de que os comedores das garderías galegas inclúan unha opción 100% vexetal.

Segundo explican dende o colectivo, os expertos sinalan a urxencia de modificar os nosos hábitos alimentarios como a necesaria redución do consumo de produtos cárnicos, cuxo impacto ambiental é destacable. Como exemplo, os animalistas expoñen que unha hamburguesa de vacún de 100 gramos supón un coste de máis de 1600 litros de auga, fronte á produción de cereais.

Neste senso, Libera vén de propoñer que Lugo se sume de forma simbólica, aplicando os mesmos criterios contidos no compromiso orixinal a pesar de non formar parte do grupo ‘C40 Cities’, apostando polo fomento da alimentación 100% vexetal, incluso como política de atracción turística.

Os animalistas trasladarán ao consistorio durante o día de hoxe o texto orixinal este luns, xunto á proposición oficial de sumarse ao acordo da Cumbre de Alcaldías, ofrecendo a experiencia da ONG no desenrolo de iniciativas similares como a declaración pionera de Barcelona como cidade ‘Veg-Friendly’ en 2016.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com