Triacastela, un escaparate aberto ao mundo

O Goberno local do Concello de Triascastela vén de abrir dous perfiles institucionais nas redes sociais Facebook e Instagram –baixo o nome Concello de Triacastela- cos que pretende converter a localidade nun escaparate aberto ao mundo.

Trátase, segundo explica a rexedora, Olga Iglesias, “de establecer unha canle de comunicación cos veciños e veciñas aos que manteremos puntualmente informados da actividade municipal, así como poder gañar visibilidade achegándonos a parte desas 186 nacionalidades que ao longo do ano atravesan a Ruta Xacobea cara a Compostela”.

A través destes perfiles, que xa están operativos, o Goberno local pretende difundir información das actividades municipais e do tecido económico, social e cultural do Concello. “Divulgar contidos de interese e ofrecer un servizo público aos veciños e veciñas que demanden información local”.

“Pretendemos non só informar aos veciños que viven en Triacastela senón tender unha ponte de comunicación permanente tamén cos que por diferentes razóns viven fóra pero queren seguir vinculados ao noso Concello e cos miles de peregrinos que cada ano nos visitan”, precisa a alcaldesa. Olga Iglesias explica ademais “a capacidade que as redes sociais teñen para difundir as nosas potencialidades”, polo que apostar por elas “é apostar porque Triacastela siga medrando”.

Coa estrea nestas redes sociais o Concello de Triacastela poderá compartir contidos, interactuar e crear unha comunidade de seguidores que poidan visualizar todo o traballo que se fai e todo o que o municipio ten para ofrecer.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com