Gaia, a unión de versos e fotografía que se pode ver en Caldiae

Gaia é o título da exposición de fotografía poética de Llum A. González & Sonia Marpez, que se inaugurou o pasado martes, 15 de outubro, en Caldiae Factoría Cultural(Praza Viana do Castelo, 3; no hall dos Codex Cinema) e que forma parte da Programación Cultural Anual adicada a mulleres artistas impulsada pola plataforma cidadá Lugonovo, en colaboración con Caldiae Factoría Cultural.

Versos e imaxes conforman unha mostra que nace da unión da obra das dúas artistas lucenses, que pretende enxalzar a figura da muller e a natureza entrelazadas. A Programación Cultural Anual impulsada por Lugonovo e Caldiae ten como obxectivo loitar contra a discriminación sistemática das mulleres na cultura, un problema que afecta especialmente ás artistas galegas. Consiste en proporcionarlles unha abundancia de oportunidades, apoio e visibilidade, algo vital para a súa carreira, especialmente nun contexto de crise prolongada no ámbito galego da arte.

A exposición poderase visitar ata o venres 8 de novembro, de xoves a domingo, entre as 18:00 e as 22:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com