O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, pedirá á corporación municipal unha declaración institucional na defensa e apoio das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ante “os constantes ataques” que están a sufrir en Cataluña na defensa dos dereitos e liberdades públicas.
Ramón Carballo explica que ante os graves disturbios que nos últimos días están a producirse en distintas cidades de Cataluña, o Concello de Lugo debe reafirmar o seu rexeitamento a calquera manifestación de violencia e o seu compromiso na defensa da Constitución, a legalidade vixente e os principios, dereitos e liberdades que dela emanan.
O voceiro popular afirma que é preciso “apoiar” o traballo que realizan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, xunto aos Mossos d´Esquadra, fronte á “barbarie” de quen perturba a convivencia pacífica. “Están a realizar unha labor exemplar para a protección dos bens e a seguridade de todos”, explicou.
Ante esta situación, Ramón Carballo explica que o Concello de Lugo debe declarar a súa firme condena aos actos violentos protagonizados nos últimos días “por elementos radicais” en Cataluña, ademais de manifestar a súa solidariedade cos millóns de cidadáns que están a sufrir “esta terrible situación”. Solidaridade que se fai extensiva ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como á Policía Autonómica catalá, e “en especial a todos aqueles de seus membros que resultaron feridos no desempeño das súas funcións, polo seu impecable labor e a profesionalidade demostrada para a defensa e protección dos dereitos e liberdades de todos”.
Out 22, 2019 - 08:10 PM
estame dando un ataque de vergoña allea
Out 22, 2019 - 07:50 PM
Poco que hacer, cuando en Galicia ENGORDAN SUS BARRIGAS impresentables que ¿Dicen defender a los gallegos?
Out 22, 2019 - 06:04 PM
E pidirono cando o PP mandou o Piolin cheo de forza publica? Menos hipocresía, carallo.
Out 22, 2019 - 03:07 PM
Dios como traballa esa xente!
Out 22, 2019 - 02:27 PM
Ahí están ¡ con un par ! personas y personajes militantes/simpatizantes de la política más corrupta de Europa , tratando de monopolizar electoralmente sus “simpatías” hacia las fuerzas y cuerpos de seguridad del estado que pagamos entre todos , como si los demás por no pelotear o utilizar a dichos miembros , tuviésemos algo contra ellos . En fin … lo que pueden tapar las banderas y la sinvergonzonería es inabarcable .