Adif, Xunta e Concello avanzan no deseño e execución da Intermodal

Adif, a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo mantiveron hoxe unha reunión técnica de seguimento para avanzar no desenrolo da nova área de transporte intermodal da cidade. Adif presentou así, ás outras administracións, a UTE encargada de redactar os proxectos básico e de construción da nova estación.

Precisamente, a redacción do proxecto foi adxudicada recentemente en 779.745,57 euros e conta cun prazo de execución de 15 meses. Asemade, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias presentou xa diferentes alternativas de deseño, para poder acordar as decisións finais na vindeira Comisión de Seguimento.

Así, o proxecto da Intermodal inclúe un paso inferior entre os andenes da estación, de uso exclusivo para os usuarios do ferrocarril e, outro, de uso libre que conectarán ambos lados da canle ferroviaria.

O proceso posto en marcha continúa o establecido no anteproxecto, presentado polo Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, o pasado 4 de marzo na cidade de Lugo.

Segundo os plazos establecidos e o que informan dende Adif, a redacción destes proxectos, básicos e de construción rematará antes de finais do ano 2020. En vista destas datas, e para cumprir obxectivos, “é absolutamente necesario coñecer as necesidades funcionais da estación de autobuses (a cargo da Xunta) e avanzar coordinadamente no deseño de ambas infraestruturas”, informan dende Adif.

En canto ao futuro aparcadoiro subterráneo, acordouse, como sempre defendeu Adif, que a súa construción ha de formar parte do convenio e o seu financiamento debe ser acordada. Neste sentido, as tres administracións pecharon o compromiso de intercambiarse novas propostas no prazo de dúas semanas, co fin de seguir avanzando no proxecto.

Nesta reunión participaron, por parte de Adif, Juan José Llamas, Pablo Martínez (Director de Proxectos de AV e Estacións) e Julio Cintora (director de Patrimonio e Urbanismo); o director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, así como o Subdirector Xeral de Infraestruturas de Transporte, Juan Vidal Herrador. Por parte do Concello estivo presente o edil de urbanismo, Miguel Couto; así como o Xefe do Servizo co mesmo nome, José María González e a arquitecta municipal, Susana Penedo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com