Medio cento de alumnos do IES Castro Ribeiras de Lea acudiron esta semana aos Cines Codex, en Lugo, para visionar o filme de Oliver Laxe, O que arde. Os nenos puideron gozar das maravillas da montaña lucense, vista a través dos ollos do director galego e contada desde as vidas de Amador e Benedicta.
Os mozos marcharon dos cines entusiasmados, logo de pasar unha mañá rodeada dun excelente cinema de calidade.
Dende a xerencia dos Codex Cinema animan a todos os colexios e institutos que o desexen a poñerse en contacto con eles para organizar novos visionados para os alumnos de calquera das súas proxeccións.