Un incendio declarado a pasada noite nunha casa en Friol provocou que dúas persoas de idade avanzada fosen trasladadas ao presentar síntomas de intoxicación por fume e calcinou a vivenda practicamente na súa totalidade, sen que as edificacións lindeiras se visen afectadas.
Os feitos sucederon no lugar de Cima de Vila, na parroquia de Narla, ao fío das 1:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do incendio.
Nada máis ter coñecemento, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as labores de extinción do incendio finalizaron ao redor das 8:00 horas.