O cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, no concello de Paradela, ten a honra de ser o único camposanto en Galicia que ten todas as súas lápidas en galego. Por esa razón, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia xunto ao concello paradelense organizan un acto no municipio de reafirmación do uso do idioma galego. ESta xornada terá lugar o vindeiro xoves día 31 de outubro, na véspera do Día de todos os Santos.
O acto comezará na Casa consistorial, en torno ás 12 do mediodía, onde alcalde, José Manuel Mato, dará a benvida aos participantes e aos paradelenses que desexen sumarse á celebración. De seguido, os presentes terán a oportunidade de asinar a acta de Reafirmación de galeguidade que se vén suscribindo neste tipo de acto e na que se declara querer que a súa despedida vital, funeral e todas as cerimonias de despedida da vida se realicen en galego, participando así na iniciativa En Galego, agora e sempre.
O Presidente da Asociación de Funcionarios para a normalización lingüística, Xosé González Martínez e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (entidade colaboradora), Valentín García; porán fin coas sus palabras a este acto, xusto antes de desplazarse todos os asistentes ao cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño, onde se descubrirá unha placa que deixará constancia desta celebración.