Un samaín de medo, con Lugo Monumental

A Asociación Lugo Monumental, que agrupa a preto dun cento de empresas do casco histórico, fai un notable esforzo neste Samaín e organiza dúas actividades na procura da dinamización do casco histórico e a presenza dos máis pequenos nas nosas rúas.

46 establecementos do recinto amurallado ofrecerán doces gratis aos nenos que queran participar no Truco ou Trato, unha actividade que ainda que os máis pequenos conocen polo cine, era habitual na cidade no pasado. A actividade terá lugar durante todo o día 31 de outubro (nos horarios de apertura de cada establecemento, o que non permite fixar unha duración común), tanto na mañá como na tarde, xa que o xoves os nenos non teñen colexio. Seguindo cadanseu criterio, os establecementos participantes repartirán aos nenos que vaian disfrazados unhas cestas con forma de cabaza para recoller caramelos, distribuíndose un total de 500 unidades.

En cada local se lle darán aos nenos uns poucos caramelos, xa que a intención é que percorran moitos e ao ser tantos os establecementos participantes non se trata de esaxerar a cantidade. A asociación advirte que non se pode responsabilizar das intolerancias alimentarias.

Un fondo creado polo artista Jesús Crende, autor das imaxes de Lugo Apocalíptico (ao que agradecemos a súa desinteresada colaboración), será o decorado para un escenario terrorífico que terá como motivo central un dos seus montaxes, concretamente un da Capela do Carme semi destruida. No medio do escenario haberá sobre unha alfombra negra un cadaleito (será un cadaleito real), unhas cabazas con luz e algún detalle máis para ambientar o que se pretende que sexa un lugar perfecto para facer fotos de Samaín. O escenario estará pola mañá na Praza de Abastos entre as 11:00 e as 14:00 e pola tarde en San Marcos entre as 17:30 e as 21:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com